|
Resumo: A cantiga ?Dizia la ben-talhada?, atribuída ao trobador galego-portugués Pedr?Eanes Solaz, presentouse na maioría das edicións dos séculos XIX e XX (e nalgunhas do XXI) a través da modificación de pronomes femininos en masculinos, para denotar unha relación heterosexual que non figura no texto. Neste artigo desenvólvense as diferentes hipóteses interpretativas sobre a composición, en diálogo con outros textos literarios medievais semellantes (romances, mediolatinos e andalusís). Conclúese que a hipótese máis probábel á luz dos datos de que se dispón é que se trata dunha composición amatoria entre dúas mulleres e que como tal debe ser restituída a súa edición. Palabras chave: lesbianismo, queer studies, cantigas galego-portuguesas, trobadorismo, edición textos medievais. The cantiga ?Dizia la ben-talhada?, attributed to the Galician-Portuguese troubadour Pedr?Eanes Solaz, appeared in most of the editions of the 19th and 20th century (and in some of the 21st) modificating feminine pronouns into masculine, to denote a heterosexual relationship that does not appear in the text. In this article are developed the different interpretive hypotheses on composition, in dialogue with other similar medieval literary texts (Romance, mid-Latin and Andalusian). It is concluded then that the most likely hypothesis, in the light of the available data, is that it is an amateur composition between two women and that as such, it should be restored to its edition.. Keywords: lesbianism, queer studies, Galician-Portuguese cantigas, troubadours, medieval text edition.
|