|
Manuel José Aguilar Ruiz. Coñece-lo mundo baixomedieval hispánico a través dos seus refráns: Los refranes que dizen las viejas tras el fuego Cadernos de Fraseoloxía Galega 13, 2011, 17-48. ISSN 1698-861 17 Coñece-lo mundo baixomedieval hispánico a través dos seus refráns: Los refranes que dizen las viejas tras el fuego Manuel José Aguilar Ruiz1 Universitat de València O obxectivo do presente artigo é destacar brevemente algúns aspectos socioculturais, políticos e económicos da baixa Idade Media do reino de Castela (e, por extensión, nalgúns casos, dos restantes reinos cristiáns peninsulares), extraíbles da fosilización formal de enunciados pluriverbais que coñecemos como refráns. Baséase, primeiro, na consideración do refrán como reflexo, en maior ou menor medida, da sociedade do seu tempo (e tamén de épocas anteriores) e, segundo, como depositario non só do saber tradicional que se transmite de xeración en xeración, senón tamén da cultura socioeconómica, material e ambiental de épocas pretéritas. Para iso emprégase como corpus textual os Refranes que dizen las viejas tras el fuego, unha compilación paremiolóxica de finais do século XV atribuída ó Marqués de Santillana.
|